Tuesday 17 de September de 2024

Os Bombeiros sufocan o incendio nun vehículo na parroquia de Lemaio, no concello da Laracha


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo recibiron onte, ás 19.21 horas, un aviso no que se lles informaba dun vehículo en chamas no punto quilométrico 26 da AG-55 (á altura da parroquia de Lemaio, concello da Laracha).

Á súa chegada ao lugar do accidente, o persoal do servizo realizou unha primeira inspección, comprobando que o automóbil estaba ardendo por completo na beiravía da autoestrata. Unha vez realizada a primeira valoración, procedeuse á sinalización, cortando o carril dereito de circulación. Para a extinción do lume empregouse auga a presión e, seguidamente, escuma para poder rematar os labores de sufocación.

O lume produciu danos no vehículo e na autoestrada, pero non houbo danos persoais. De feito, as chamas afectaron á estrutura completa do coche, agás á zona do maleteiro.